martes, 18 de septiembre de 2012


MASTER CLASS  de   QUICO CADAVAL 

"NEGRO ISMAEL"  

                           !!!!! Comezamos a programación do curso 2012/2013 !!!!!!

 

 Clase aberta sobre o espectáculo de Quico Cadaval 

"Negro Ismael"

Realizarase na Sala Gurugú ás 12,30 do Sábado 22 de Septembro.
A participacion é gratuita.Organiza ASCAE EXEMPLA,Danthea Teatro,Produccións Excentricas.Colabora o Concello da Coruña e a Deputación da Coruña.O Espectáculo Representarase no teatro Colón da Coruña


“Negro Ismael” é a historia máis singular das que compoñen o repertorio de Quico Cadaval.
Nacida nunha taberna da Ría de Arousa no século pasado leva percorrendo o mundo nos últimos 15 anos. Cadaval presentou “Negro Ismael” nos festivais de Buga, Bucaramanga, Almada, Guadalajara e Beja.

Protagonizado pola figura brillante, inocente, violenta e romántica de Ismael o Negro, o relato tamén mostra a grea portuaria daqueles anos. Estribadores, camionistas, prostitutas, policías, desertores do arado, pedreiros, mecánicos, libreiras e un meniño miope que o observou todo.

“Negro Ismael” é un exercicio de memoria no que Cadaval sai para o palco sen un texto previo, acompañado únicamente polas fantasmas da súa historia e as sombras dos espectadores.