miércoles, 8 de mayo de 2013

Sala Gurugu Sábado 11 as 19.00 horas presenta a "Pequena" de Talia teatro interpretada por Marta Rios sobre un conto de Paula Carballeira


Sala Gurugú


 presenta a:
 "Pequena" 
de 
Talia Teatro

 Interpretada por :
Marta RIOS 

SOBRE UN CONTO DE:
 PAULA CARBALLEIRA

Sabado 11 as 19.00 horas
 María Catalina Rosario Nadiña Pequena, Macarrona para os seus irmáns, Nadina Pequena
para a maior parte da xente, é, coma o seu nome indica, pequena.
Hai pequenas que son xigantes, como Barbadac, a ogresa, filla do ogro que gardaba o tesouro das botas de sete leguas ata a chegada de Polegariño. Barbadac escolleu non gardar tesouros, senón compartilos, como Petipuá, a pulga artista, que quixo levar o seu
espectáculo a todas as partes do mundo, incluída a Illa dos Salvaxes, e demostrou que non hai límites nin fronteiras para conseguir o que desexas, nin aínda sendo pequeña coma unha pulga. E hai pequenas cunha imaxinación grande, como Nadiña, que é quen nos conta as historias de Barbadac e de Petipuá, quen nolas representa con bailes, con cancións, con alegría e cunha forza enorme. Hai grandes pequenas e grandes pequenos, tan grandes que poden cambiar o mundo ao seu xeito.
Un espectáculo para descubrir o grande que pode ser alguén pequeno e o pequeñas que poden chegar a ser as grandes cousas, que case non ocupan espazo.

un espectáculo para
“pequenos” e “pequenas”
(edades recomendadas: de 4 a 10 anos)


Cuota de Actividade 5€

No hay comentarios:

Publicar un comentario