martes, 21 de mayo de 2013

Sala Gurugú Títeres Tanxarina presenta: " TITIRICIRCUS" Domingo 26 as 19.00



 Sala Gurugú

Títeres Tanxarina 

presenta: 

                                                 " TITIRICIRCUS"  

                                                  Domingo 26 as 19.00




despois de máis de 900 representacións desta obra. O libro conmemorativo do 25 aniversario de TITIRICIRCUS, a obra de teatro de monicreques máis representada en toda Galiza, é unha homenaxe ao circo, que fixo vibrar a xeracións de nenos e nenas con personaxes e destrezas inimitables. Tanxarina dálle continuidade a ese mundo de soños coas funcións coas que viaxa de vila en vila.


Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo
de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que
lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista.
Nun permanent
e xogo participativo co público, van aparecendo os números máis
importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península
Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo....







O billete custa 5 €. O abono familiar (3 billetes) 12€. Tod@s @s que o desexen poderán levar o libro editado por KalandraKa asinado polos autores. 


A obra está dirixida a nen@s a partir dos 3 anos.(edade recomendada pola Cia.)

 Reservas no 616701099





1 comentario: