miércoles, 31 de diciembre de 2014

A Sala Gurugú lles desexa Feliz Ano 2015

 

A Sala Gurugú 

lles desexa

Feliz Ano 2015


 Nos Proximos días anunciaremos a nova programacion do primeiro semestre do 2015 ata moi pronto .....


martes, 16 de diciembre de 2014

Sala Gurugu Presenta a Nelson Quinteiro en "Papiroflexias" 20 e 21 de Nadal


Sala Gurugu 

Presenta 
a
Nelson Quinteiro 
en 

PAPIROFLEXIAS. O Asteroide de papel!

Da man de Nelson Quinteiro  e inspirado no libro “O Principiño” de Antonie Saint-Exùpery chega “Papiroflexias”, unha montaxe de teatro musical infantil e con música ao vivo no que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a danza con pinceladas de baile tradicional galego e a papiroflexia mestúranse nun espectáculo de 50 minutos de duracións  concebido para nenos e nenas de 5 a 12 anos no que as bolas, paxariñas, cañóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes dan ritmo e narración a un relato  transfondo ecolóxico.
SIPNOSE:
Máis alá das estrelas... e onde os telescopios non dan chegado case a mirar existe un pequeno asteroide onde todo é de papel.
Os habitantes deste planeta dano en chamar PAPIROFLEXIAS, aínda que aquí, na Terra, é máis coñecido como Asteriode B 614.
O seus pequenos habitante, dous principiños chamados Julius e Augustus teñen un grande corazón, tamén de papel.
Guiados por unha bandada de grullas de papel percorren moitos planetas ata chegar ó planeta Terra, onde descubren que aqui, para facer papel hai que talar árbores. 
É entón que emprenderán unha viaxe por vilas, pobos e cidades co obxectivo de transmitir ós máis cativos unha importante mensaxe:
Aproveitar ó máximo o uso do papel, Reducir, Reciclar, Reutilizar, e o que é máis importante: XOGAR!

Obra/Espectáculo: PAPIROFLEXIAS!
Autor: Nelson Quinteiro - Koldobika Gomila
Dirección: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Escenografía: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Deseño iluminación: Nelson Quinteiro
Vestiario: Nelson Quinteiro - Ademar Silvoso
Coreografía: Nelson Quinteiro, Iván Villar e Ademar Silvoso
Espectáculo en lingua galega: Si
Outros idiomas: Castelán e Inglés
Elenco artístico: Ademar Silvoso (Julius) e Nelson Quinteiro (Augustus)

para nenos e nenas de 5 a 12 anos
Sábado 20 de decembro: A CORUÑA. Sala Gurugú. ESTREA  ás 18,30 Horas 
Domingo 21 de decembro: A CORUÑA. Sala Gurugú.ás 18,30 Horas




viernes, 12 de diciembre de 2014

Sala Gurugu CONTOS DE SOBREMESA OS CONTOS DE PABLISIMO Sabado 13 Domingo 14


Sala Gurugu 

   CONTOS DE SOBREMESA

 OS CONTOS DE PABLISIMO 

Sabado 13 Domingo 14 ás 18,30 Horas






¡E incrible a cantidade de histórias que collen enriba dunha mesa!



As conversas máis interesantes, os segredos máis ocultos,as anécdotas máis divertidas adoitan contarse...sobre unha mesa.


  CoNTOS DE SOBREMESA é un espectáculo de narración oral, teatro de obxectos e bonecos baseado en contos, fábulas, retahílas, contos de nunca rematar e cantinelas.

DURACIÓN: 40 min
IDADES RECOMENDADAS: 4-9 anos

OS CONTOS DE PABLISIMO é una cía. especializada en contacontos, teatro de animación á lectura e teatro infantil. Os seus espectáculos de pequeño e mediano formato toman sempre como base a literatura infantil (contos clásicos,contemporáneos e de creación propia) a Tradición Oral e o Teatro.
Fundada no ano 2001, leva producidos máis de 20 espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo,teatro de sombras, video,narración oral,etc
Son sesións adaptables a calquera espazo e destinadas a rapaces de 4 a 9 anos.











lunes, 1 de diciembre de 2014

Sala Gurugu teatro en familia con para bebes (GLUB GLUB ) de Caramuxo Teatro 6 Y 7 de Nadal ás 5.30 y 6.30.

Sala Gurugu 

Presenta a

 Caramuxo Teatro en 

GLUB GLUB 

teatro en familia para bebes de Caramuxo Teatro

 6 Y 7 de Nadal  ás 5.30 y 6.30.  (dos pases Dia )





Un espectáculo para bebés de 6 meses a 3 anos.
Caramuxo teatro presenta o primeiro espectáculo de teatro para bebés que se realizou en Galicia. Unha montaxe para nenos de 6 meses a 3 anos acompañados por adultos. Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para disfrutar cos fillos da primeira viaxe polo mundo do teatro.

Duración: 30 minutos.






miércoles, 26 de noviembre de 2014

Sala Gurugu presenta el sábado 29 y domingo 30 ás 18:30a titeres seis dedos en "O Galo Quirico" espectáculo de títeres y musica.

Sala Gurugu

 presenta a
 titeres "Seis Dedos" en

 "O Galo Quirico" 

sábado 29 y domingo 30 ás 18:30
espectáculo de títeres y musica.


Sinopse:
Con algúns números de marionetas tradicionais nos que os espectadores participan
cantando e danzando, preséntase o conto "O Galo Quirico" seguindo a versión
popular,   que á súa vez inspira á publicada por Bernardino Graña. Unha posta en
escena con marionetas  e teatriño de cartón, formato de espectáculo recuperado
pola Compañía para esta ocasión   con música interpretada en escena polo
acordeonista Carlos Quintá



Duración: 50 minutos.
Público: Todos os públicos. a partir de tres años
costo actividad 5 euros


 www.viravolta.es   

sala Gurugu presenta a Pinga teatro en EGO Jueves 27 de Noviembre a las 21:00

Sala Gurugu 

presenta a

Pinga teatro  

"EGO "

Ciclo de "Pequeno Formato" Teatro de Adultos

Jueves  27 de Noviembre a las 21:00


costo de actividad 7 euros

martes, 18 de noviembre de 2014

Sala Gurugu Presenta a Talia Teatro en "Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)


Sala Gurugu 


Presenta a .....

 "Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán"

 (e van sen un can)


ATENCION 


SABADO 22  ás 18:30 Unica Función

Idade recomendada: de 5 a 11 anos

 Farsa que respira da comedia da arte , ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes.


Século XVIII.Italia. O cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán. No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Âkil Pillabán, a quen a súa ama deixou composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañá pase a carruaxe


 Ficha artística
Autor: 
Roberto Salgueiro
Dirección: 
Roberto Salgueiro

Elenco: 
Dani Trillo
Diego Rey



Ficha técnica
Idioma: 
Duración: 
50 minutos
·          Comedia   
           Infantil

Idade recomendada: de 6 a 11 anos
costo de actividad 5 euros




martes, 11 de noviembre de 2014

SALA GURUGU Presenta a..... Títeres Cachirulo – A Historia do Apalpador.

SALA GURUGU 

Presenta 
a.....

Títeres Cachirulo – 


A Historia do Apalpador.

15-11-2014/16-11-2014

18:30 Horas 

ESPECTÁCULO NAVIDEÑO
A partir de 3 años – 50 minutos
El Apalpador es un personaje de la tradición popular gallega nacido en el Courel. Está ligado a las fiestas de la Navidad y le gusta compartir con nosotros estos bonitos días. Es un pastor grandullón y bueno, de mirada dulce y largas barbas coloradas que, con su abrigo lleno de remiendos y a grandes zancadas, recorre Galicia entera.
Durante el año fabrica carbón, vive de los frutos silvestres, caza jabalíes, recolecta miel y hace aparecer, con las ramas de los bosques y breñales, los juguetes que las maderas esconden. El 31 de diciembre baja a los pueblos, visita a los niños casa por casa y les deja como obsequio castañas calientes y divertidos regalos de madera
http://www.titerescachirulo.com/la-historia-del-apalpador/

Aquí puedes descargar 3 Juguetes de Papel: Divirtete facendo xoguetes de papel co Apalpador

domingo, 2 de noviembre de 2014

Sala Gurugu presenta a Monicreques de Kukas 08-11-2014 /09-11-2014 ás 18:30 Horas

Sala Gurugu

 presenta a 


Monicreques de Kukas 



Os Monicreques de Kukas - Xan Perillán e a maleta máxica








Sabado 08-11-2014  Domingo /09-11-2014  

ATENCION HORARIO

ás 18:30 Horas 


Espectáculo dirixido ó público familiar e infantil, a partires de 3 / 4 anos que mestura o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de títeres.

Xan Perillán é un home con sorte, tocoulle nunha rifa unha viaxe a Pernambuco...¿Pero onde queda Pernambuco? ¿no hemisferio Norte ou no Sur?...cun pouco de maxia e a axuda dos rapaces seguro que o averiguara.

Xunta tódalas súas cousas e vai metendoas nunha maleta que non é unha maleta calquera...é unha maleta máxica, todo o que aquí se mete, convertese nun truco de maxia...


Ai, Xan Perillán, ¡qué traballos está a pasar! E por riba o seu loro Ravachol aparece e desaparece por arte de birlibirloque ...agora está...agora xa non...Uf, por fin meteuno todo na maleta...Xa pode marchar...

Para todolos Públicos 





Dos Momentos de la actuación de Monicreques de KUKAS

Atención cambio de horario de invierno sala Gurugu.



Atención cambio de horario de invierno sala Gurugu.



Con motivo del cambio de horario de invierno el horario de la programación de los espectáculos en familia  pasa de las 19:00 a las 18:30 

martes, 21 de octubre de 2014

Sala Gurugu semana dias 25 e 26 de Octubre Os Ghazafelhos

Sala Gurugu 


Presenta 

 "Ghazafelhos"



 "Contos para Escagarriñarse"



O Proximo Fin de semana dias 25 e 26 de Octubre ás 19:00 Horas


Os Ghazafelhos poñen a proba os esfínteres familiares coa esta proposta: "Contos para Escagarriñarse" Non, non é nada escatolóxico, Ghazafelhos representará tres historias de terror, misterio e loucura coas que os nosos pais, nais , avós, avoas, etc.. nos torturaron docemente durante a nosa infancia.

Pregamoslle ao público que acuda con papel... hixiénico....
Uns cómicos chegan á vila para amosar increibles historias de medo da nosa tradición popular;

A Santa Compaña, As Lavandeiras, Os mortos vivos e A Cabra Montesina!!!

Un espectáculo para interior ou exterior, un pequeno carromato como eixe da posta en escena, tres “cómicos”, unha cabra e a “necesaria” participación do público para 50m. de humor e repaso da nosa tradición popular


Espectaculo para todolos públicos 
 https://www.facebook.com/teatro.ghazafelhos?ref=ts
 http://ghazafelhos.com/



lunes, 13 de octubre de 2014

SALA GURUGU presenta a Caramuxo teatro en ÑAM espectaculo para bebes el sabado 18 y Domingo 19 de Octubre


SALA GURUGU 

presenta:
a Caramuxo teatro
 en "ÑAM "

 espectaculo para bebes el sabado 18 y Domingo 19 de Octubre


Sábado 18, 18:00 h,"Ñam! (Teatro e cociña).Sala Gurugú.( A Coruña)
Sábado 18, 19:00 h,"Ñam! (Teatro e cociña).Sala Gurugú.( A Coruña)
Domingo 19, 18:00 h,"Ñam! (Teatro e cociña).Sala Gurugú.( A Coruña)
Domingo 19, 19:00 h,"Ñam! (Teatro e cociña).Sala Gurugú.( A Coruña) para nenos e nenas de 1 a 6 

anos e familias.



Despois da boa acollida de "Glub, glub" e "Zapatos", Caramuxo teatro presenta "Ñam", un novo espectáculo de teatro para bebés.
Comer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores productos: Porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou chegar do outro lado do mundo. ¡A min encántame o doce! ¡Pois eu prefiro o salgado!
"Ñam é un espectáculo envolvente creado a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.

Público: De 1 a 6 anos.

Polas características do espectáculo público e actores comparten o mesmo escenario.Aforo limitado a 50 espectadores dependendo do espazo.
Duración:30 minutos.
precio de la actividad :5 € por persona


ver video promocional en este enlace
http://vimeo.com/59055205

jueves, 9 de octubre de 2014

sábado 11 de Octubre sala Gurugu

Se suspende la función del 
“O Espello de Francisquiña” por filtraciones de agua en el escenario.
El próximo fin de Semana sábado 18 y domingo 19 retomamos la programación habitual.

Disculpen las molestias.

miércoles, 1 de octubre de 2014

II Festival Internacional de Títeres da Coruña

II Festival Internacional de Títeres da Coruña 

"Extension Galicreques"

 Seguimos co Festival 

Fin  semana do 3 ao 5 de Octubre

19.00 H – SALA GURUGÚ

Venres 3 outubro 19:00 - Títeres Barrilete (Arxentina) “Mi amor es un colador” (+4 anos)

 

 
Título do espectáculo: Mi amor es un colador
Nome da compañía: Títeres Barrilete
Idades recomendadas: a partir de 4 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: guiñol, bocóns, obxectos
Idioma: castelán

Sinopse: A caprichosa cadeliña Nina e a súa monicrequeira dispóñense a comezar a función. Pero hai un pequeno problema: deixáronse esquecido un monicreque na casa! Deciden improvisar un e así nace Toto: feito cun coador, esponxas de cociña e algúns retallos. Pero Nina rise del cando ensaian a súa escena e Toto, doído, vaise. Polo seu camiño fai novos amigos, axudándolles e mellorando as súas vidas; mentres tanto a monicrequeira e Nina, moi arrepentida, o buscan ata debaixo das pedras, pero poderán reencontrarse e empezar de novo? Unha historia chea de humor, encontros e desencontros, para pequenos e grandes, onde valoramos a amizade, a solidariedade e a aceptación do diferente.

 
19.00 H – SALA GURUGÚ

Sábado 4 outubro 19:00 - Viktor Antonov (Rusia) “Circus on the strings” (+3 anos)




Título do espectáculo: Circus on the strings
Nome da compañía: Viktor Antonov
Idades recomendadas: a partir de 3 anos
Duración: 45 minutos
Técnica: marionetas de fío
Idioma: visual, sen texto

Sinopse: Espectaculares números de circo. O punto de unión é un simpático pallaso que presenta cada número mesturando a destreza da manipulación co humor e a tenrura dos personaxes.
A arte interpretativa en Rusia é unha referencia para o mundo. No teatro de bonecos posúen unha das tradicións máis relevantes, e o artista Viktor Antonov está catalogado como unha das principais figuras do seu país. Os seus bonecos, creados e manipulados cunha técnica exquisita e depurada, sorprenden pola súa vida e plasticidade.


19.00 H – SALA GURUGÚ

Domingo 5 outubro 19:00 - Teatro la Estrella (Valencia) “Los músicos de Bremen” (+3 anos) 

 
Título do espectáculo: Los músicos de Bremen
Nome da compañía: Teatro La Estrella
Idades recomendadas: a partir de 3 anos
Duración: 60 minutos
Técnica: marionetas de variña e luva, actores, marionetas xigantes e pallasos
Idioma: castelán

Sinopse: Un can cantante, unha gata bailarina, un burro poeta e un galo roqueiro formarán a banda dos músicos de Bremen. Un grupo de animais "diferentes" que loitarán por seguir séndoo. Pero non están a salvo, os porcos do saco andan soltos polo bosque...







 Precio :entrada unica 5 euros

Agra do Orzán nº3 A Coruña tef.616701099


Organiza :Sala gurugu ,Asociacion socioculturas e das artes escenicas Exempla"
Colabora :concello da Coruña ,Asociacion cultural Barriga verde "Galicreques"
Patrocina :Inaem ,Agadic .ascdas artes Exempla.