viernes, 21 de febrero de 2014

Sala Gurugu teatro en familia con tres espectáculos para bebes de Caramuxo Teatro

Comenzamos el ciclo de teatro en familia en la sala Gurugu con tres espectáculos para bebes de "Caramuxo Teatro"


1 y 2 de Marzo a las 5.30 y 6.30. glub glub (dos pases )
8 y 9  de marzo  a las 5.30 y 6.30 zapatos (dos pases )
15 y 16 de Marzo a las 5.30 y 6.30 Ñam (dos pases )

Un espectáculo para bebés de 6 meses a 3 anos.
Caramuxo teatro presenta o primeiro espectáculo de teatro para bebés que se realizou en Galicia. Unha montaxe para nenos de 6 meses a 3 anos acompañados por adultos. Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para disfrutar cos fillos da primeira viaxe polo mundo do teatro.
 Un espectáculo para nenos e nenas de 1 a 4 anos.
¿Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha xoven rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con esa bela bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. "Zapatos" narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.
Duración: 30 minutos.
Idade recomendada: de 1 a 4 anos.


“Ñam” e a nova aposta de Caramuxo Teatro para o público mais novo: bebés de 1 a 4 anos. Despois de realizar o primeiro espectáculo para bebés feito en Galicia, “ Glub Glub” (2003) Caramuxo introduce en Galicia unha nova modalidade de teatro, as artes escénicas para os bebés. O seu segundo espectáculo específico para estas idades foi “Zapatos”(2008) que ata o momento, é o espectáculo da compañía que mais distribución e repercusión tivo fóra de Galicia, sendo un espectáculo recomendado pola Red Nacional de Teatro e Mención Especial no Festival Internacional de Títelles Vall d‘Albaída no ano 2010.



Comer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores productos: Porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou chegar do outro lado do mundo. ¡A min encántame o doce! ¡Pois eu prefiro o salgado!
“Ñam é un espectáculo envolvente creado a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.
http://www.caramuxoteatro.com/