a Sala Gurugu informa programación de fin de semana.
29 de Marzo ás 18:30 horas
Os Monicreques de Kukas
Presenta
Xan Perillán compra queixo , compra pan
Espectáculo de teatro e Maxia
Despois da representacion realizarase un curso de maxia gratuito para os asistentes a representación cunha duración do cursiño de una Hora
sinpse:
Xan Perillán
vai a mercar ó Híper mega súper mercado “o Rato
Colorado”…
Mais o trasno do consumo irresponsable persígueo da
aquí para acolá… ¿Mercara ben ou se deixara engaiolar polo consumismo,
a publicidade enganosa e a comida lixo?
Cun pouco de maxia e a axuda do seu leal e sensato loriño
Ravachol conseguirá facer unha compra responsable,
sostible e ecolóxica, mercando só o necesario, reducindo, re -utilizando,
reciclando, e reflexionando. Aprendendo a importancia das
etiquetas.
Nota explicativa do espectáculo.
Xan Perillán é un personaxe de pallaso mago creado
por Kukas que encarna a inxenuidade mesturada coa comicidade e certa rebeldía
infantil e con quen os nenos simpatizan rapidamente
e que nos serve para construír un guión cheo de situacións e gags cómicos de
pantomima, nos que os números de maxia e a interven
ción dos monicreques van ir conformando unha historia na que imos presentando
moitas das diferentes situacións e comportamentos de
un consumidor cando ten que realizar a súa compra diaria.
Escrita e interpretada por
Marcelino de Santiago (Kukas)
Dirixida por
Isabel Rey Pousada
Duracion do espectaculo :45 minutos
Dirixida ao público infantil e familiar.
(nenos de 3 a12 anos)
Edade recomendada pola compàñia.