martes, 28 de abril de 2015

Adianto Programación Mayo Sala Gurugú


Teatro de adultos 

Olladas Teatrais en Feminino


Día 22 de mayo.- Espello Cóncavo.- “Historias de mulleres”.- dirixida por Lino Braxe.
MULLERES CON HISTORIA

Mulleres con historia é un espectáculo escrito por Lino Braxe para dúas actrices. Non para dúas actrices en xeral, senón para dúas actrices en particular: Manuela Varela e Uxía Vázquez. Toda a montaxe xira arredor deste feito. A inspiración que o talento de dúas intérpretes esperta nun criador. Un paseo pola vida, polos mundos, polo amor de mulleres con historia ao longo da historia de moitas mulleres ou de mulleres da historia. Cambiando de épocas e latitudes. Cunha poética e unha visión aberta á diversidade e sementada na dignidade do camiñar pola arte teatral desde unha ollada distinta. A homenaxe dun escritor-director a dúas artistas que batallan, todos os días, por acadar o antiquísimo soño de construír a aventura da escena.

Reparto: Manuela Varela
Uxía Vázquez
Texto e dirección: Lino Braxe
Duración: 60 minutos



Día 29 de mayo .- Berrobambam.-Nuria Sanz.- “Fadas, Bruxas, Pricesas e madrastras”

"Fadas, bruxas, princesas e madrastras",  escrito y dirigido por Evaristo Calvo e interpretado por NuriaSanz , COMPAÑÍA de Berrobamban.

Este espectáculo esta destinado a un público adulto/juvenil pero no infantil. 
Fadas, bruxas, princesas e madrastas: As fadas, as bruxas, as princesas e as madrastas, son as personaxes femininas protágonicas dos contos populares e tradicionais. Non tendo todas elas unha sustancia máxica, todas fabulan sobre fenómenos reais ou tentan significar virtudes e defectos propios dos “seres humanos”. Os celos e a envexa os velenos que lle agrean o carácter. Todas elas parecen e son diferentes.
Tres contos: A bela durminte: onde interveñen fadas e unha princesa. A Cincenta; de onde se extraen os exemplos de fadas e madrastas. E Hansel e Grettel: onde atopamos a Bruxa e a madrastra. Con estas tres narracións, irase xogando e poñendo en evidencia semellanzas e contradicións. Na conclusión da tese, a narradora- actriz trazará liñas de relación entre os tres contos e os situará nun contexto actual dando unha perspectiva desmitificadora dos mesmos.
Evaristo Calvo, director
Nuria Sanz Actriz

30 de Mayo Espello Cóncavo “OCCIDENTE (ou Alaridos dunha civilización enferma)”
Unha comedia ácida do noso tempo.
OCCIDENTE é un espectáculo conformado por un conxunto de pezas breves da autoría do dramaturgo, actor e director, Lino Braxe. Nelas, o autor pretende afondar no coñecemento da sociedade que nos tocou vivir, procurando unha posta en escena sinxela, uns diálogos directos e un espazo sonoro singular. Trátase dunha comedia ácida, pois o humor permanece en todas as historias que o espectáculo ofrece.
Reparto
Ela……………………Manuela Varela
El……………………..Xoan Carlos Mejuto
Muller………………Uxía Vázquez
Home……………….Lino Braxe
Texto* e dirección…….Lino Braxe


Teatro Infantil Mayo 
.
9 de mayo a las 18,30 y 10 de Mayo a las 12,30 
 Elefante Elegante
Espectáculo “Lobo Lobo

Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano?
Que acontecería se a madrastra de Branca de Neve se convertise nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello?
A resposta a estas e outras preguntas poderémolas descubrir no novo espectáculo para bibliotecas de Elefante Elegante .
Nesta ocasión, Gonçalo Guerreiro mistura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.
Un espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos para escoitar as súas historias. Unha casa que se irá construíndo diante dos seus propios ollos a medida que se narran as novas aventuras dos personaxes de sempre .
Destinado ao público infantil entre os 3 e 8 anos.




23 de Mayo a las 18,00 y a las 19,00 y 24 de Mayo a las 11,30 y 12,30 

 Caramuxo Teatro


“GLUB GLUB” 


 Espectáculo para bebés de 6 meses a 3 años


Caramuxo teatro presenta o que foi o primeiro espectáculo de teatro para bebés realizado en Galicia.
O xove mariñeiro perdeu o pequeno barco de papel...
¿Onde estará? ¿Nesta caixa? ¿Nesta cesta? ¿Ou quixais naquel baúl?
Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón.
Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual qye introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente.


Otros

16 de Mayo a las 20,00 horas.

Presentación dramatizada del libro de teatro infantil-juvenil “Lingua de Lata” acto de teatro infantil en celebración do día das letras galegas 2016.

Neste acto os autores presentarán o libro, haberá un coloquio e unha lectura dramatizada. Ao final do acto, os autores asinarán exemplares.
Editorial Edicións do Estame
Autores : Francisco Oti e Julio Fernández

Lingua de Lata é unha obra de teatro para nenas e nenos dentro do que poderiamos chamar Teatro obxectual, tendo en conta a multitudinaria aparición de cousas animadas e a paisaxe escénica que estas cousas configuran. Os seus protagonistas son o avión de Antoine de Saint-Exupery perdido no deserto do Sahara e que na actualidade esmorece nun gran vertedoiro de lixo dalgún lugar do mundo, é un rapaz que sen sabelo ten por destino ser un novo principiño.










miércoles, 22 de abril de 2015

Sala Gurugu CICLO PEQUENO FORMATO “Olladas Teatrais” Teatro en Feminino venres 24 de Abril ás 20,30 H. Presenta a IT-eatro en “FACENDO AS PARTIXAS"

Sala Gurugu

CICLO PEQUENO FORMATO

“Olladas Teatrais”

Teatro en Feminino 

 venres 24   de Abril 

ás 20,30 H.

Presenta a :

IT-eatro en  

“FACENDO AS PARTIXAS"

 ” Proyecto Teatral Adaptación de la obra “Hay que repartir la casa” de Sebastián Junyent. Desarrollado y Producido por iT-eatro Axóuxere Teatro Asociación de Comerciantes del Boulevard Elviña Dirigido por Alejandro AlbaicetaCon Nanda Tasende como Laura y Tatiana Mouro como Ana.



SINOPSIS Dos hermanas se reúnen tras años sin verse, para repartir la herencia familiar. Ana, la hermana menor, dejó el núcleo familiar hace años y ha estado desconectada de la familia mientras Laura, la mayor, se quedó a cuidar de sus padres al tiempo que sacaba adelante a su propia familia. Durante este reencuentro, recuerdan el pasado, aparecen fantasmas y reproches… pero ambas descubrirán que tienen más cosas en común de las que pensaban. La reconciliación entre ambas, y cada una consigo misma, se convertirá en los cimientos de un esperanzador futuro.


http://teatroamadoraxouxere.blogspot.com.es/






lunes, 20 de abril de 2015

Sala Gurugú Presenta a: Teatro En Punto con Merenda de Libros Sábado 25 as 18,30 H.Abril Domingo 26 as 12,30 H.Abril


Sala Gurugú
Presenta a:
Teatro En Punto  con
Merenda de Libros
Infantil 5-14 anos
Entrada única 5 euros
Sábado 25 as 18,30 H.Abril
Domingo 26 as 12,30 H.Abril
SINOPSE:
Tres personaxes adultos póñense a merendar textos. Xogando no mundo da fantasía e a través dos conceptos "libro" e "palabra" como base dos distintos xogos nos que o público pasa a ser colaborador. Hai en todo momento un achegamento entretido e lúdico ao mundo das letras como parte dunha realidade común e máis cotiá do que coidábamos.
Non é exactamente unha obra de teatro senón un xogo, unha proposta arredor dos conceptos "palabra" e "libros".
Público: Infantil/ Adolescente
Xénero: Teatro contemporáneo
Duración: 50 min.
Idioma: Galego


Quen son ?
Teatro En Punto é unha compañía que comezou a súa traxectoria no ano 1996 co
nome de Teatro Bruto. Nesa primeira etapa acometeu as montaxes Cachorros sen
domesticar (1996), Interruptus I, II e III (1997-1999, en colaboración con Pífano, S.L.),
Detritus Corazón (1997), Ninguén chorou por nós (2000), EN PUNTO (2002) e Agnus
Patris (2003). En 2007 muda o cadro de integrantes da compañía, permanecendo nela
Gloria Rico, socia fundadora, e incorporándose a esta nova etapa Nerea de Valenzuela.



martes, 14 de abril de 2015

CICLO PEQUEnO FORMATO “Olladas Teatrais” Teatro en Feminino venres 17 de Abril Nekane presenta YIN Contos en Feminino






Sala Gurugu

CICLO PEQUENO FORMATO


“Olladas Teatrais”

Teatro en Feminino 

 venres 17 de Abril 

ás 20,30 H.

 Nekane  


 presenta 
"YIN "
Contos en Feminino



Yin é un espectáculo de cantos e contos que falan sobre a aceptación do feminino, esa parte tenra e sabia que todas e todos levamos dentro. Contos que transmiten que a liña que separa o masculino do feminino se dilue entendendo que os seres humáns levamos as duas partes e que a negación dunha delas traerá desequilibrios.
Esto é o que acontece no mundo de hoxe. Un mundo excesivamente masculino, competitivo, un mundo no que os homes non choran nin expresan sentimentos, un mundo hiperactivo, un mundo en guerra.
Contos que din BASTA!! à dominación masculina e que replantexan o papel que tiveron que xogar as mulleres nos contos durante séculos. Contos que din SÍ a autorrealización, à poesía e ao instante disfrutado dende o máis profundo de un mesmo.

REPARTO
Contos e cantos: Nekane Fernández
Colabora: Invitado@ variable
Mirada externa: Jose Campanari e María Creo


Ao Final dos espectáculos habera un coloquio sobre a temática :
"" Muller e Creación Teatral ""








lunes, 13 de abril de 2015

Sala Gurugú presenta A Illa dos Nenos "O Mago Paco" "Ledicias" Sábado 18 a las 18,30. Domingo 19 a las 12,30.



Sala Gurugú

presenta

A Illa dos Nenos "O Mago Paco"

"Ledicias"

Sábado 18 Abril a las 18,30. Domingo 19 Abril  a las 12,30.





Este espectáculo está baseado na maxia infantil, no que O Mago Paco fainos un percorrido polos seus mellores xogos de maxia cos que pretenderá sumerxir a todo o público no seu mundo fantástico, cheo de ilusión e sorrisos.
 "LEDICIAS" é un espectáculo versatil, aberto e adaptado a calquer espazo de representación. Está guiado por unha  peculiar personaxe "O Mago Paco" que fai de cada xogo un momento diferente, nos que @s nen@s son os verdadeiros protagonistas; creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aluocado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas.

 "LEDICIAS" é un espéctáculo pensado para @s nen@s, creado pol@s nen@s e no que desfruta toda a familia.







El sábado por la mañana se realizara un curso de Magia para las familias de hora y media por un costo de 8 euros por familia (estecurso esta subvencionado por asociación scdas artes escenicas
" Exempla"






A compañía A illa d@s nen@s creouse no ano 2007 como froito dunha vocación cara o mundo da cultura teatral, apoiada por un traballo previo de moitos anos na educación e animación infantil.
Esta compañía caracterízase pola fusión da maxía e o teatro enriba dos escenarios, e por unha especial inclinación hacia o entretenemento do público infantil.
A directora, Marina López, é a parte creativa deste equipo, dela xurden as ideas e as palabras que despois se transforman en historias, contos, obras de teatro ou espectáculos; sempre coa premisa da fantasía e o soriso como base para todos eles. Para realizar este traballo apoiase na súa gran experiencia como Educacdora infantil no mundo da educación non formal e como Docente no ámbito de Animación a Lectura.
Francisco Otero, O Mago Paco, é a outra parte do equipo. Aos 10 anos regaláronlle un xogo de maxia ó que non lle fixo moito caso pero 12 anos despois, ese mesmo xogo foi o desencadeante da súa vocación polo mundo do teatro e a maxia. Converteuse nun mago case sen sabelo a raíz das súas experiencias como animador infantil, mundo que lle segue fascinando. Grazas a esto formou o seu propio Clube de Maxia Infantil , e imparte clases a nen@s dende os 6 ós 12 anos, traballo que lle aporta un punto de vista moi cercano o seu público favorito (@s nen@s). Na súa traxectoria formouse con cursos de teatro, maxia cómica e clwon (unha disciplina que lle apaixona) para poder conseguir así converterse no profesional de diversas artes escénicas que é hoxe en día. Ten unha gran experiencia como constructor de escenografías é monicreques.

 www.ailladosnenos.com