miércoles, 27 de mayo de 2015

A Sala Gurugú presenta Ciclo de Pequeno Formato a Espello Cóncavo “OCCIDENTE "sabado 30 de Mayo 20,30 H


 A Sala Gurugú

 presenta 

Ciclo de Pequeno Formato

a

Unha comedia ácida do noso tempo.
sabado 30 de Mayo 20,30 H.

OCCIDENTE é un espectáculo conformado por un conxunto de pezas breves da autoría do dramaturgo, actor e director, Lino Braxe. Nelas, o autor pretende afondar no coñecemento da sociedade que nos tocou vivir, procurando unha posta en escena sinxela, uns diálogos directos e un espazo sonoro singular. Trátase dunha comedia ácida, pois o humor permanece en todas as historias que o espectáculo ofrece.



Reparto
Ela……………………Manuela Varela
El……………………..Xoan Carlos Mejuto
Home……………….Lino Braxe

Texto* e dirección…….Lino Braxe

*Peza galardonada co premio da Asociación de Escritores en Língua Galega a mellor texto dramático, dentro do libro colectivo “Banqueiros” editado por Laiovento.



miércoles, 20 de mayo de 2015

Sala Gurugu presenta ciclo de teatro de pequeno formato Olladas teatrais teatro en femenino a Día 22 de mayo.- Espello Cóncavo.- “Historias de mulleres”.- dirixida por Lino Braxe. MULLERES CON HISTORIA

 Sala Gurugu 
presenta 
ciclo de teatro de pequeno formato 
Olladas teatrais
" teatro en femenino"
a
Día 22 de mayo.- Espello Cóncavo.- “Historias de mulleres”.- dirixida por Lino Braxe.
MULLERES CON HISTORIA


Mulleres con historia é un espectáculo escrito por Lino Braxe para dúas actrices. Non para dúas actrices en xeral, senón para dúas actrices en particular: Manuela Varela e Uxía Vázquez. Toda a montaxe xira arredor deste feito. A inspiración que o talento de dúas intérpretes esperta nun criador. Un paseo pola vida, polos mundos, polo amor de mulleres con historia ao longo da historia de moitas mulleres ou de mulleres da historia. Cambiando de épocas e latitudes. Cunha poética e unha visión aberta á diversidade e sementada na dignidade do camiñar pola arte teatral desde unha ollada distinta. A homenaxe dun escritor-director a dúas artistas que batallan, todos os días, por acadar o antiquísimo soño de construír a aventura da escena.

Reparto: Manuela Varela
Uxía Vázquez
Texto e dirección: Lino Braxe
Horario :20,30 h.
Duración: 60 minutos

Sala gurugu presenta 23 de Mayo a las 18,00 y a las 19,00 y 24 de Mayo a las 11,30 y 12,30 a Caramuxo Teatro en Glub Glub

 
 SALA GURUGU
 
Presenta
 
23 de Mayo a las 18,00 y a las 19,00 y 24 de Mayo a las 11,30 y 12,30 


 Caramuxo Teatro


“GLUB GLUB” 


 Espectáculo para bebés de 6 meses a 3 años


Caramuxo teatro presenta o que foi o primeiro espectáculo de teatro para bebés realizado en Galicia.
O xove mariñeiro perdeu o pequeno barco de papel...
¿Onde estará? ¿Nesta caixa? ¿Nesta cesta? ¿Ou quixais naquel baúl?
Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón.
Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual qye introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente.

entrada unica cinco euros





lunes, 11 de mayo de 2015

Sala Gurugu Presentación dramatizada do libro de teatro infantil-juvenil “Lingua de Lata” acto de teatro infantil en celebración do día das letras galegas 2016.

a Sala Gurugu 

presenta 


Para celebrar o día das letras 


16 de Mayo a las 20,00 horas.


“Lingua de Lata”



Presentación dramatizada do libro de teatro infantil-juvenil “Lingua de Lata” acto 

de teatro infantil en celebración do día das letras galegas 2016.


Neste acto os autores presentarán o seu  libro, haberá un coloquio e unha lectura dramatizada. Ao final do acto, os autores asinarán exemplares.

Autores : Francisco Oti e Julio Fernández

Editorial Edicións do Estame

Dramatizado por  

a actriz directora e guionista Carmen Blanco 

o director actor e escenógrafo :F. Antonio Simón 



Lingua de Lata é unha obra de teatro para nenas e nenos dentro do que poderiamos chamar Teatro obxectual, tendo en conta a multitudinaria aparición de cousas animadas e a paisaxe escénica que estas cousas configuran. Os seus protagonistas son o avión de Antoine de Saint-Exupery perdido no deserto do Sahara e que na actualidade esmorece nun gran vertedoiro de lixo dalgún lugar do mundo, é un rapaz que sen sabelo ten por destino ser un novo principiño.

domingo, 3 de mayo de 2015

Sala Gurugú Presenta a: ELEFANTE ELEGANTE "O LOBO BOBO" Sábado 9 as 18,30 H.Mayo Domingo 10 as 12,30 Mayo




Sala Gurugú
Presenta a:

ELEFANTE ELEGANTE 

"O LOBO BOBO"
Infantil 3-8 anos
Entrada única 5 euros
Sábado 9 as 18,30 H.Mayo 
Domingo 10 as 12,30 Mayo 






  • A Compañia 
  • O Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento.
    As súas creacións buscan a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.
    A compañia, de orixe galego-portuguesa, foi creada en 2007 por María Torres e Gonçalo Guerreiro e ten a súa sede na Coruña. Nace para dar forma artística ás súas inquedanzas sociais e existenciais.
    O Elefante Elegante comezou como proxecto experimental no ano 2000 co nome de Teatro Escondido. Este proxecto viaxou durante sete anos entre Galicia, Bélxica e Portugal e del facían parte actrices e actores de diferentes paises europeos. A súa interpretación baseábase no xogo corporal co obxectivo de desenvolver unha linguaxe teatral universal.
    Estes anos de experimentación foron fundamentais para que poidera nacer o Elefante Elegante. Os seus espectáculos teñen sido acollidos en Galicia, Portugal, Bélxica, Suiza, Francia e Italia.




http://www.elefanteelegante.net

Sipnose.


Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano?
Que acontecería se a madrastra de Branca de Neve se convertise nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello?
A resposta a estas e outras preguntas poderémolas descubrir no novo espectáculo para bibliotecas de Elefante Elegante .

Nesta ocasión, Gonçalo Guerreiro mistura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.

Un espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos para escoitar as súas historias. Unha casa que se irá construíndo diante dos seus propios ollos a medida que se narran as novas aventuras dos personaxes de sempre .

Destinado ao público infantil entre os 3 e 8 anos.