miércoles, 20 de mayo de 2015

Sala Gurugu presenta ciclo de teatro de pequeno formato Olladas teatrais teatro en femenino a Día 22 de mayo.- Espello Cóncavo.- “Historias de mulleres”.- dirixida por Lino Braxe. MULLERES CON HISTORIA

 Sala Gurugu 
presenta 
ciclo de teatro de pequeno formato 
Olladas teatrais
" teatro en femenino"
a
Día 22 de mayo.- Espello Cóncavo.- “Historias de mulleres”.- dirixida por Lino Braxe.
MULLERES CON HISTORIA


Mulleres con historia é un espectáculo escrito por Lino Braxe para dúas actrices. Non para dúas actrices en xeral, senón para dúas actrices en particular: Manuela Varela e Uxía Vázquez. Toda a montaxe xira arredor deste feito. A inspiración que o talento de dúas intérpretes esperta nun criador. Un paseo pola vida, polos mundos, polo amor de mulleres con historia ao longo da historia de moitas mulleres ou de mulleres da historia. Cambiando de épocas e latitudes. Cunha poética e unha visión aberta á diversidade e sementada na dignidade do camiñar pola arte teatral desde unha ollada distinta. A homenaxe dun escritor-director a dúas artistas que batallan, todos os días, por acadar o antiquísimo soño de construír a aventura da escena.

Reparto: Manuela Varela
Uxía Vázquez
Texto e dirección: Lino Braxe
Horario :20,30 h.
Duración: 60 minutos

No hay comentarios:

Publicar un comentario