martes, 27 de octubre de 2015

Sala Gurugu finde 31 de octubre y 1 de noviembre 2015


Sala Gurugu 

 Presenta 



Teatro do Miolo Producións S.C - 4 TEMPOS    
(teatro para Bebes)   
Data31-10-2015  dous pases 18.00 19.00.

4  TEMPOS

 Teatro para bebes

 Espectáculo musical  para bebés de 6 meses a 4 anos.
 Durada: 30 Minutos

A actividade consta de dúas representacións consecutivas.

SINOPSE.
 Poético e divertido viaxe escénico a través das distintas estacións do ano. Espectáculo pensado para os mais pequenos a través de elementos moi sinxelos para que participen nos grandes cambios e transformacións  que se producen no inverno, outono, primavera e verán.



Sala Gurugú
 Presenta 
  •                              Os Sete Magníficos + 1

Data 1-11-2015  dous pases 12.30 - 18.30.




As mellores historias son sempre as que están sen escribir, sen ler, sen contar. Aquelas nas que aínda está por crear o final, o inicio, a trama, as personaxes, ... Pero, sobre todo, as mellores historias son as que poden saír do maxín dos nenos e nenas.
Un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo Premio María Casares Avelino González. A través da maxia e do clown contase a lenda de Brancaflor. Os 11 pretendentes de Brancaflor asócianse con cadanseu xogo de maxia e ela terá que seleccionar o seu namorado ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos.
Os Sete Magníficos máis Un propoñen nesta ocasión un espectáculo de animación á lectura dun xeito distinto: a partir de sinxelos xogos de maxia, do clown, da participación do público e da marabillosa tradición narrativa galega.
A partir de textos de autores e autoras galegos/as; adaptados polo recoñecido actor, director e dramaturgo Avelino González; o noso protagonista intentará resolver a través de rutinas máxicas e da cooperación co público todos os impedimentos e probas que se lle presentan a Brancaflor durante a trama da historia.

info :616701099
coste de actividade :5 €

No hay comentarios:

Publicar un comentario