miércoles, 25 de noviembre de 2015

a Sala Gurugú presenta a Trinke.trinke Teatro “Os Ratos de Lonxedetodo”

 a Sala Gurugú   

 presenta  

 a Trinke.trinke Teatro 

 “Os Ratos de Lonxedetodo” 

Trinke Trinke “Os ratos de lonxedetodo” Riciños de Ouro e os tres Osos”

Data  28-11-2015 ás 18.30h

Data  29-11-2015 ás 12,30 h.


Edad : A Partir de 3 Años

Fuco é un rato de Biblioteca  coñecido por moitas xeracións de nenos coruñeses, que compartiron con el tardes e mais tardes de contos nas Bibliotecas Municipais coruñesas desde 1994 ata abril do 2015.
O teatro como estratexia educativa. Os Ratos da Biblioteca naceron na Coruña en  1991,co gallo do V Salón do Libro Infantil e Xuvenil, da mente creadora dun grupo formado por xóvenes mestras e actores. Estes simpáticos personaxes comezaron a percorrer as Bibliotecas e Escolas de Galicia, intentando contaxiar o seu gusto pola literatura aos nenos e ás súas familias. Arredor de 5.000 actuacións en 24 anos e máis de 300.000 espectadores cun elenco de “ratos” entre os que se atoparon actores e actrices da popularidade de Xosé  A. Touriñán, Pablo Sánchez “Pablísimo”, María Torres, Isa Risco, Juanillo Esteban, Maruxa Arias, David Pernas e Vanessa Rivas.
Os Ratos de Lonxedetodo inician o 24 e 25 de outubro unha nova etapa na Sala Gurugú do populoso barrio da  Agra do Orzán. O rato Fuco e a súa gran amiga Lilí Gruyére presentarán o contacontos teatral “Poderes Hipnóticos”.  Unha fin de semana ao mes, os ratos de Lonxedetodo seguirán visitando A Coruña.



miércoles, 18 de noviembre de 2015

Caramuxo Teatro en As Fabas Máxicas Sábado 21 ás 18,30 Domingo 22 ás 12,30 e ás 18,30

Sala Gurugú

presenta 

Caramuxo Teatro 

en 

As Fabas Máxicas 

Sábado 21 ás 18,30
Domingo 22 ás 12,30 e ás 18,30 
idades : a partir de 4 anos 
duración:40'








Sinopse:



“AS FABAS MÁXICAS”
(Teatro de monicreques e actor para nenos a partir de 4 anos e familias)
Neste espectáculo,contado en primeira persoa e monicreques, Caramuxo Teatro achéganos
unha nova versión do coñecido conto infantil Xan e as fabas máxicas.
Tras criarse na aldea con súa avoa, Xan vive agora de adulto nun apartamento de Nova York.
Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia
chea de aventuras.








http://www.caramuxoteatro.com/#!-as-fabas-mxicas/c7hi


martes, 10 de noviembre de 2015

A Sala Gurugu presesenta a MONICREQUES LAREI LARÁ (Galicia) da A Internacional “Brancaneves e os 7”

 A Sala Gurugu 


presesenta 

a  MONICREQUES LAREI LARÁ (Galicia) da  A Internacional

en 


“Brancaneves e os 7”

14/11 /2015 ás 18,30 H.
15/11/2015 ás 18,30 H.


Idades recomendadas: a partir de 3 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: marionetas de mesa e actor

Idioma: galego



Sinopse: Recreación da historia de Brancaneves con teatro, música en directo e marionetas de mesa talladas en madeira.
A historia desenvólvese ao redor dunha gran lareira na que un vello rei lembra as aventuras da súa pequena filla Brancaneves e os encontros que ela tivo cos misteriosos sete personaxes do bosque.

lunes, 2 de noviembre de 2015

Sala Gurugu Presenta A Illa dos nenos Con Hocus Pocus Sabado 07-11-2015 ás 18,30 Domingo 08-11-2015 ás 12,30

Sala Gurugu 
Presenta 
A Illa dos nenos Con 
O mago Paco 
no espectáculo de Teatro e Maxia 
Hocus Pocus
    
Sábado 07-11-2015  ás 18,30 
Domingo 08-11-2015 ás 12,30 

Publico Familiar  a partir de Tres Años 
Duración :60 m.




Seguindo a súa tónica de humor, o mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cor e moitas sorpresas. 
A maxia do mago Paco caracterízase pola posta en escea de elementos visuais e moi chamativos que provocan unha dinámica constante enriba do escenario. Deste xeito ningún espectáculo é igual, todo depende da resposta do público, sobretodo dos máis cativos, xa que é un espectáculo pensado por e para eles. Nel poderán xogar, rir, brincar, actuar.... formando parte activa do seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.
Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cheo de complicidade entre o mago e o seu público e de momentos ilusionantes, divertidos, loucos, emotivos e sobretodo inesquecibles. Preparade as vosas mellores gargalladas porque comezamos!!