miércoles, 25 de noviembre de 2015

a Sala Gurugú presenta a Trinke.trinke Teatro “Os Ratos de Lonxedetodo”

 a Sala Gurugú   

 presenta  

 a Trinke.trinke Teatro 

 “Os Ratos de Lonxedetodo” 

Trinke Trinke “Os ratos de lonxedetodo” Riciños de Ouro e os tres Osos”

Data  28-11-2015 ás 18.30h

Data  29-11-2015 ás 12,30 h.


Edad : A Partir de 3 Años

Fuco é un rato de Biblioteca  coñecido por moitas xeracións de nenos coruñeses, que compartiron con el tardes e mais tardes de contos nas Bibliotecas Municipais coruñesas desde 1994 ata abril do 2015.
O teatro como estratexia educativa. Os Ratos da Biblioteca naceron na Coruña en  1991,co gallo do V Salón do Libro Infantil e Xuvenil, da mente creadora dun grupo formado por xóvenes mestras e actores. Estes simpáticos personaxes comezaron a percorrer as Bibliotecas e Escolas de Galicia, intentando contaxiar o seu gusto pola literatura aos nenos e ás súas familias. Arredor de 5.000 actuacións en 24 anos e máis de 300.000 espectadores cun elenco de “ratos” entre os que se atoparon actores e actrices da popularidade de Xosé  A. Touriñán, Pablo Sánchez “Pablísimo”, María Torres, Isa Risco, Juanillo Esteban, Maruxa Arias, David Pernas e Vanessa Rivas.
Os Ratos de Lonxedetodo inician o 24 e 25 de outubro unha nova etapa na Sala Gurugú do populoso barrio da  Agra do Orzán. O rato Fuco e a súa gran amiga Lilí Gruyére presentarán o contacontos teatral “Poderes Hipnóticos”.  Unha fin de semana ao mes, os ratos de Lonxedetodo seguirán visitando A Coruña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario