lunes, 2 de noviembre de 2015

Sala Gurugu Presenta A Illa dos nenos Con Hocus Pocus Sabado 07-11-2015 ás 18,30 Domingo 08-11-2015 ás 12,30

Sala Gurugu 
Presenta 
A Illa dos nenos Con 
O mago Paco 
no espectáculo de Teatro e Maxia 
Hocus Pocus
    
Sábado 07-11-2015  ás 18,30 
Domingo 08-11-2015 ás 12,30 

Publico Familiar  a partir de Tres Años 
Duración :60 m.




Seguindo a súa tónica de humor, o mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cor e moitas sorpresas. 
A maxia do mago Paco caracterízase pola posta en escea de elementos visuais e moi chamativos que provocan unha dinámica constante enriba do escenario. Deste xeito ningún espectáculo é igual, todo depende da resposta do público, sobretodo dos máis cativos, xa que é un espectáculo pensado por e para eles. Nel poderán xogar, rir, brincar, actuar.... formando parte activa do seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.
Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cheo de complicidade entre o mago e o seu público e de momentos ilusionantes, divertidos, loucos, emotivos e sobretodo inesquecibles. Preparade as vosas mellores gargalladas porque comezamos!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario