lunes, 21 de diciembre de 2015

Programación de Navidad 2015-2016 Sala Gurugu

Sala Gurugu

Presenta 

programación familiar especial  de "Nadal dos Meniños"


Xarope Tulú
        A miña primeira viaxe
 Duración   50 min
Público Infantil Público familiar
 Horario 26 de diciembre as 18,30
27 de diciembre as 12,30

A miña primeira viaxe é a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o TUM-TUM dos motores.
Unha vella maleta transformada nunha caixa de luz focaliza a mirada do que observa. Unha actriz que conta e canta un relato de procura da propia identidade, e un músico que dialoga coa linguaxe onírica do propio relato; son as pezas fundamentais desta viaxe, da primeira de tódalas viaxes.
Esta peza teatral é unha adaptación do libro, do mesmo título, escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e publicado por OQO editora en febreiro de 2012.




                           Ghazafelhos

        O País dos Mandóns
Duración   45 min
Público Infantil Público familiar + 4-5
 Horario:18,30
Data 30 de Diciembre 
Sinopse:
Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país das chuches, o país da música, o país das cores... e no país dos Mandóns... O seu paso por este país, coincidiu cun gran cambio. 
Grazas a Clara, este lugar feo e triste, converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñécese como O país da Igualdade. 

Ghazafelhos adapta nunha obra de teatro tres contos da colección A Igualdade Conta de Edicións Embora. 

Recreando unha das personaxes imaxinarias, fálanno de Flora e o seu secreto, da furna dos desexos e do País dos Mandóns; contos que nos convidan a sentirnos iguais dende as nosas diferencias. 


     
   CARAMUXO TEATRO

FEO! ( INSPIRADO EN " O PARRULO FEO"
Duración   35 min
Público Infantil Público familiar
 Horario :18.00 y 19.00
Data :2  de Xaneiro
·          
·         CARAMUXO TEATRO PRESENTA "FEO" UN ESPECTÁCULO DE PEQUENO FORMATO INSPIRADO EN "O PARRULO FEO" DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN.
·         A PEQUENA FÁBRICA DE PARRULOS DE GOMA PRODUCE TÓDOLOS DÍAS CENTOS E CENTOS DE PARRULOS DO MESMO TAMAÑO E COR, MAIS UN DÍA SAE UN PARRULO DIFERENTE...
·         FEO! É UN CANTO Á DIVERSIDADE E Á ESENCIA DE UN MESMO, UNHA COMEDIA PARA TODA A FAMILIA.








Títeres Cachirulo

A Historia do Apalpador

Duración   50 min
Público Infantil Público familiar
Horario : as 18,00 
Data :lunes  4 de enero 



O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega nado no Courel. Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.

Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. En decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.

Espectáculo dirixido ó público familiar e infantil, a partires de 3 / 4 anos que mestura o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de títeres.


miércoles, 16 de diciembre de 2015

SALA GURUGU PRESENTA TRINKE TRINKE Sábado 19 e domingo 20 de decembro



SALA GURUGU PRESENTA  TRINKE TRINKE







Os Ratos de Lonxedetodo volven á Sala Gurugú! Sábado 19 ÁS 18,30 e domingo 20 ÁS 12,30 de decembro coa Gran Lilí Gruyére, cantante, bailarina, maga, coreógrafa e dramaturga. Nesta ocasión dirixirá unha obra de teatro na que, se queres, actuarás ti! :o)
Resevas no 616 70 10 99, no 881 894634 ou no mail salagurugu@gmail.com



http://www.trinketrinke.com/site/index.php/gl/








miércoles, 9 de diciembre de 2015

Sala Gurugu 12 y 13 de Nadal

Sala Gurugú 
Presenta 

OS MONICREQUES DE KUKAS


XAN PERILLÁN E A MALETA MÁXICA

Obra de pequeno formato interpretada por Marcelino de Santiago (Kukas) que mestura o paiaso, a pantomima, a maxia e os títeres nun espectáculo dirixido ó público familiar e infantil a partires dos 3 anos. 





http://kukas.redbiocultural.net/

jueves, 3 de diciembre de 2015

CTELSINOR "MEDEA"4 de Nadal

Sala Gurugu .

Presenta

Clube Teatro ELSINOR 



ás 21.00 Horas

SIPNOSE


DE EURÍPIDES A HOXE

Orixes diferentes, sexos diferentes,obxectivos diferentes... Convivencia nun país de acollida, en que as oportunidades para home e muller son diferentes...


Iso e mais a ambición de Xasón contra o ideal de vida de Medea, abren as fauces de Vulcano nunha das súas expresións máis terroríficas...

martes, 1 de diciembre de 2015

Sala Gurugu fin de semana y puente 5,6,7y 8 de Diciembre intenso puente de espectáculos infantiles

Sala Gurugu 

Presenta a Títeres Cachirulo  os días 
sábado 5  as 18,30 
 domingo 6 as 12,30



Títeres Cachirulo



Creada en 1985 Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa.
Máis de trinta montaxes que percorreron os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América obtendo importantes premios.

 A Historia do Apalpador

O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega nado no Courel. Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.

Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. En decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.


sala Gurugu 
presenta a 
Caramuxo teatro 
Luns 7 de Nadal as 17,30 y 18,30 
Martes 8 de Nadal as 12,30 y 17,30
"Espectaculo para Bebes"

Caramuxo teatro

Caramuxo teatro
Caramuxo  Teatro é unha compañía de Teatro Infantil  e familiar nada na Coruña no 2003 formada  por  Juan Rodríguez  e Laura Sarasola.
No 2005 estrean Glub, Glub, o que foi no seu momento o primeiro espectáculo de teatro para bebés producido en Galicia. Actualmente, ademáis de traballar nunha liña específica para bebés, co espectáculo “Zapatos” ( recomendado na Red Nacional de Teatros e con mención especial do Xurado  no 26 Festival  internacional de títeres Vall d'al Baída) ten en carteleira espectáculos para o público infantil e familiar.
Dende os inicios misturan diferentes técnicas, teatro de actor, títeres, danza.. producindo espectáculos como  “Mensaxe sen botella” ,” Historia dunha semente”, “ Lazarillo",  "Animaliños", "Os Bolechas", entre outros.
 A liña de traballo céntrase nuns textos elaborados a partir da nosa experiencia no eido educativo, unha estética  coidada e unha escolla musical axeitada de modo que o resultado sexa un traballo poético emotivo e visual para disfrutar en familia . 

Cierre de espectáculo na sala Gurugu
Glub Glub

Caramuxo teatro presenta o que foi o primeiro espectáculo de teatro para bebés realizado en Galicia.
O xove mariñeiro perdeu o pequeno barco de papel...
¿Onde estará? ¿Nesta caixa? ¿Nesta cesta? ¿Ou quixais naquel baúl?
Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón.

Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual qye introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente.