lunes, 21 de diciembre de 2015

Programación de Navidad 2015-2016 Sala Gurugu

Sala Gurugu

Presenta 

programación familiar especial  de "Nadal dos Meniños"


Xarope Tulú
        A miña primeira viaxe
 Duración   50 min
Público Infantil Público familiar
 Horario 26 de diciembre as 18,30
27 de diciembre as 12,30

A miña primeira viaxe é a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o TUM-TUM dos motores.
Unha vella maleta transformada nunha caixa de luz focaliza a mirada do que observa. Unha actriz que conta e canta un relato de procura da propia identidade, e un músico que dialoga coa linguaxe onírica do propio relato; son as pezas fundamentais desta viaxe, da primeira de tódalas viaxes.
Esta peza teatral é unha adaptación do libro, do mesmo título, escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e publicado por OQO editora en febreiro de 2012.




                           Ghazafelhos

        O País dos Mandóns
Duración   45 min
Público Infantil Público familiar + 4-5
 Horario:18,30
Data 30 de Diciembre 
Sinopse:
Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país das chuches, o país da música, o país das cores... e no país dos Mandóns... O seu paso por este país, coincidiu cun gran cambio. 
Grazas a Clara, este lugar feo e triste, converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñécese como O país da Igualdade. 

Ghazafelhos adapta nunha obra de teatro tres contos da colección A Igualdade Conta de Edicións Embora. 

Recreando unha das personaxes imaxinarias, fálanno de Flora e o seu secreto, da furna dos desexos e do País dos Mandóns; contos que nos convidan a sentirnos iguais dende as nosas diferencias. 


     
   CARAMUXO TEATRO

FEO! ( INSPIRADO EN " O PARRULO FEO"
Duración   35 min
Público Infantil Público familiar
 Horario :18.00 y 19.00
Data :2  de Xaneiro
·          
·         CARAMUXO TEATRO PRESENTA "FEO" UN ESPECTÁCULO DE PEQUENO FORMATO INSPIRADO EN "O PARRULO FEO" DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN.
·         A PEQUENA FÁBRICA DE PARRULOS DE GOMA PRODUCE TÓDOLOS DÍAS CENTOS E CENTOS DE PARRULOS DO MESMO TAMAÑO E COR, MAIS UN DÍA SAE UN PARRULO DIFERENTE...
·         FEO! É UN CANTO Á DIVERSIDADE E Á ESENCIA DE UN MESMO, UNHA COMEDIA PARA TODA A FAMILIA.








Títeres Cachirulo

A Historia do Apalpador

Duración   50 min
Público Infantil Público familiar
Horario : as 18,00 
Data :lunes  4 de enero 



O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega nado no Courel. Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.

Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. En decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.

Espectáculo dirixido ó público familiar e infantil, a partires de 3 / 4 anos que mestura o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de títeres.


No hay comentarios:

Publicar un comentario