martes, 1 de diciembre de 2015

Sala Gurugu fin de semana y puente 5,6,7y 8 de Diciembre intenso puente de espectáculos infantiles

Sala Gurugu 

Presenta a Títeres Cachirulo  os días 
sábado 5  as 18,30 
 domingo 6 as 12,30



Títeres Cachirulo



Creada en 1985 Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa.
Máis de trinta montaxes que percorreron os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América obtendo importantes premios.

 A Historia do Apalpador

O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega nado no Courel. Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.

Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. En decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.


sala Gurugu 
presenta a 
Caramuxo teatro 
Luns 7 de Nadal as 17,30 y 18,30 
Martes 8 de Nadal as 12,30 y 17,30
"Espectaculo para Bebes"

Caramuxo teatro

Caramuxo teatro
Caramuxo  Teatro é unha compañía de Teatro Infantil  e familiar nada na Coruña no 2003 formada  por  Juan Rodríguez  e Laura Sarasola.
No 2005 estrean Glub, Glub, o que foi no seu momento o primeiro espectáculo de teatro para bebés producido en Galicia. Actualmente, ademáis de traballar nunha liña específica para bebés, co espectáculo “Zapatos” ( recomendado na Red Nacional de Teatros e con mención especial do Xurado  no 26 Festival  internacional de títeres Vall d'al Baída) ten en carteleira espectáculos para o público infantil e familiar.
Dende os inicios misturan diferentes técnicas, teatro de actor, títeres, danza.. producindo espectáculos como  “Mensaxe sen botella” ,” Historia dunha semente”, “ Lazarillo",  "Animaliños", "Os Bolechas", entre outros.
 A liña de traballo céntrase nuns textos elaborados a partir da nosa experiencia no eido educativo, unha estética  coidada e unha escolla musical axeitada de modo que o resultado sexa un traballo poético emotivo e visual para disfrutar en familia . 

Cierre de espectáculo na sala Gurugu
Glub Glub

Caramuxo teatro presenta o que foi o primeiro espectáculo de teatro para bebés realizado en Galicia.
O xove mariñeiro perdeu o pequeno barco de papel...
¿Onde estará? ¿Nesta caixa? ¿Nesta cesta? ¿Ou quixais naquel baúl?
Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón.

Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual qye introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario