miércoles, 18 de mayo de 2016

sala Gurugu presenta a Caxoto en "O berce das verbas (contos para bebés)" sabado 21 de Maio ás 18,30 Domingo 22 de Mayo ás 12,30





Sala Gurugu 


presenta 

a Caxoto 

en 

"O berce das verbas
 (contos para bebés)"

sabado 21 de Maio ás 18,30
Domingo 22 de Mayo ás 12,30 



:
 Un espectáculo visual musical  dirixido ás bebes de 0 a 4 aniños. Contos, cantigas, música, moita imaxinación e a complicidade das nais e pais.


 Neste espectáculo Caxoto Contacontos fai acopio dos seus mellores recursos habituais para estruturar unha sesión na que se compaxina a imaxe, a voz, a música en directo, a fantasía, ... Un espectáculo no que a partires da palabra se inundarán os nosos sentidos de sensacións, imaxes e emocións. Arredor dos cantos de berce iremos abordando historias e xogos nos que participar tanto o público infantil como os seus proxenitores. Historias de ratiños que se acubillan no colo da lúa, longas xuntanzas onde se decide quen será o rei (ou raíña) dos animais, a primeira vez que unha nena ve o mar e sinte as areas escorregar entre os seus dediños miúdos. Un paseo polos momentos previos ó sono e ós soños que rematará nun tenro canto de berce colectivo ó son do bambeo das olas do mar. 


QUE ATOPAREMOS NESTE ESPETÁCULO:

 Nesta proposta acudimos á musica como ferramenta para crear e recrear un espazo suxerinte no que presentar tres pequenas historias que serán a delicia de meniñas e meniños. Dentro desta viaxe daremos un pequeno paseo espacial pola lúa, acudiremos a unha xuntanza de animais onde o lobo debate coas ovellas e os raposos razoan coas galiñas. Remataremos a viaxe nunha incursión á praia onde a través da música e das palabras sentiremos a brisa mariña, o tacto da area baixo os nosos pés e os sons dos barcos atados nun peirao. Para esta viaxe contaremos cun bo número de instrumentos musicais que serán tocados en directo: a frauta doce, as maracas, o birimbao, a frauta de nariz, as claves, o triángulo, o güiro, ... Para rematar gravaremos en directo unha doce melodía que acompañará a un canto de berce colectivo co que nais, pais, meniños e meniñas despedirán este espectáculo. 

Caxoto Contacontos é unha caste de viaxeiro a medio camiño entre un avó despistado e un neno abraiado. Tras moitos kilometros camiñando, escoitando e observando acumula unha reserva de lugares, imaxes, sons e personaxes que bulen pola súa cabeza á busca de alguén que teña as mesmas gañas de abraiarse que el. A súa voz sonora e profunda recolle moitas outras voces que a imaxinación e a fantasía saben reter: a voz da ledicia, a voz da aventura, a voz do temible, a voz da experiencia, a voz da broma, a voz do lonxano, a voz do misterio, .... Pero Caxoto Contacontos non só é voz senón que tamén é imaxe, e música, e movemento, .................e horas que pasan voando. 

miércoles, 11 de mayo de 2016

Celebración das letras galegas sala Gurugu e o Clube de Teatro Elsinor 16 de Maio ás 20.00 h.

Celebración  das letras galegas 

sala Gurugu e o Clube de Teatro Elsinor

16 de Maio ás 20.00 h.

organizan 

CLUBE TEATRAL ELSINOR

 presenta 

"XENTE DE PÁLIDA PEL "

Con Cristina Fuentes, Manuel Lourenzo Carme Martínez, Xosé Martínez, Xulia Miguel 



Despois do espectáculo haberá unha  charla- coloquio :

impartida e dirixida por 

Manolo Lourenzo 
(premio Nacional de teatro )





"Das Irmandandes da fala ao teatro independente. Repaso polo teatro galego entre os anos 20 e 80 do século pasado."

lunes, 9 de mayo de 2016

Sala Gurugú presenta KATARSIS "PACAMA " SABADO14 de Maio L 18:30 Y DOMINGO 15 de Maio A LAS 12:30.

a sala Gurugú

informa 

debido a problemas de calendario suspendese a función do espectáculo
  CINCENTA de Danthea Teatro 
ata setembro no seu lugar repoñese o espectáculo de
KATARSIS  "PACAMA " 
debido a demanda que houbo quedando moito público sen poder asistir polo que por xentileza da compañia deciden voltar a ofrecernos este singular divertido e entrañable  espectáculo .   


KATARSIS  

"PACAMA " 

teatro para bebes 

(de 6 meses a cuatro años )


 A Coruña! Sala Gurugú SABADO14 de Maio L 18:30 Y DOMINGO 15 de Maio  A LAS 12:30.




Una exploración de juegos entre dos amigos que antes de dormir 
descurbren un mundo de aventuras que les distrae del sueño.







miércoles, 4 de mayo de 2016

Sala GURUGÚ Presenta a estrea de DO ESPECTÁCULO INFANTIL "XIGANTE" DE ELEFANTE ELEGANTE SABADO : 7 de Mayo ás 18,30 DOMINGO : 8 de Mayo ás 12,30

Sala GURUGÚ


Presenta 

a estrea de

DO ESPECTÁCULO INFANTIL 

"XIGANTE"


DE 

ELEFANTE ELEGANTE 

SABADO : 7 de Mayo ás 18,30 
DOMINGO : 8 de Mayo ás 12,30
edades a partir  3 años 


INTRO
O Xigante é unha homenaxe ao libro, á lectura e á biblioteca. A narración oral é acompañada polo teatro xestual e pola constante presenza da música. O Xigante é unha historia na que conviven o cómico e o poético; a forza da palabra e a elocuencia do xesto; a plasticidade da manipulación dos obxectos e a evolución do dispositivo escenográfico.







SINOPSE
Hai moito, moito tempo, nun reino distante, un home decidiu facer unha viaxe. Camiñou, camiñou, camiñou... ata que atopou un xardín marabilloso e alí decidiu quedarse. Pero certo día apareceu un Xigante que quería o xardín só para el. O home que un día decidiu facer unha viaxe, escapando do Xigante atopou unha árbore moi especial. Das súas polas nacían follas, flores, froitos... e libros, moitos libros. O home decidiu ficar naquel lugar para sempre!