miércoles, 4 de mayo de 2016

Sala GURUGÚ Presenta a estrea de DO ESPECTÁCULO INFANTIL "XIGANTE" DE ELEFANTE ELEGANTE SABADO : 7 de Mayo ás 18,30 DOMINGO : 8 de Mayo ás 12,30

Sala GURUGÚ


Presenta 

a estrea de

DO ESPECTÁCULO INFANTIL 

"XIGANTE"


DE 

ELEFANTE ELEGANTE 

SABADO : 7 de Mayo ás 18,30 
DOMINGO : 8 de Mayo ás 12,30
edades a partir  3 años 


INTRO
O Xigante é unha homenaxe ao libro, á lectura e á biblioteca. A narración oral é acompañada polo teatro xestual e pola constante presenza da música. O Xigante é unha historia na que conviven o cómico e o poético; a forza da palabra e a elocuencia do xesto; a plasticidade da manipulación dos obxectos e a evolución do dispositivo escenográfico.







SINOPSE
Hai moito, moito tempo, nun reino distante, un home decidiu facer unha viaxe. Camiñou, camiñou, camiñou... ata que atopou un xardín marabilloso e alí decidiu quedarse. Pero certo día apareceu un Xigante que quería o xardín só para el. O home que un día decidiu facer unha viaxe, escapando do Xigante atopou unha árbore moi especial. Das súas polas nacían follas, flores, froitos... e libros, moitos libros. O home decidiu ficar naquel lugar para sempre!


No hay comentarios:

Publicar un comentario