martes, 14 de marzo de 2017

Sala Gurugú PRESENTA A TRINKE TRINKE "OS RATOS DE LONXEDETODO" O Ratiño Presumido 18-03-2017 18,30 H. 19-03-2017 12,30 H.


Sala Gurugú 

PRESENTA 
A TRINKE TRINKE 

NUNHA NOVA AVENTURA DE
 "OS RATOS DE LONXEDETODO"
CO CONTO-TEATRAL 


O Ratiño Presumido 

18-03-2017  18,30 H.

19-03-2017 12,30 H.





A gran Lilí Gruyère (Vanessa Rivas), a artista máis internacional de todas as ratiñas e ratiños de Lonxedetodo, vén de recibir un importante encargo profesional: a dirección do Musical "A Ratiña Presumida", para o que contará coa axuda do seu amigo e veciño o Rato Fuco (David Pernas). Nesta ocasión Lilí decide facer a súa propia versión: "O Ratiño Presumido", que será representado  polos pais e nais asistentes e polo propio Fuco.
Como é habitual nos contos tradicionais, tamén o conto de "A ratiña presumida" fomenta os estereotipos de xénero e as ideas sexistas. Nesta actividade dramatizaremos o conto de "O Ratiño presumido" dándolle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño (o Rato Fuco) que disfruta cantando e limpando a súa casa e para visibilizar a
unhas mulleres (mamás ou profesoras do público) empoderadas, que non teñen ningún problema en tomar a iniciativa e propoñer elas o matrimonio ao ratiño. 
A actividade ten como obxectivo principal fomentar valores de igualdade entre nenas e nenos a través das vidas dos personaxes, da trama do guión e os contos escollidos, buscando sempre o equilibrio entre o lúdico e o pedagóxico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario