martes, 3 de octubre de 2017

SALA GURUGÚ comenza o V FESTIVAL INTERNACIONAL DE tITERES A CORUÑA extension Galicreques DO 6 AO 29 DE OUTUBRO A CORUÑA SALA GURUGÚ




SALA GURUGÚ

comenza o 

V FESTIVAL 
INTERNACIONAL DE tITERES A CORUÑA 
extension galicreques 

DO 6 AO 29 DE OUTUBRO

A CORUÑA 

SALA GURUGÚ



Sábado 7 de Outubro 18,30 h. A partir dos 6 anos.

TITERES TANXARINA (GALICIA ):As Bombas e o Xeneral ”

TÉCNICA: Siluetas animadas. Títeres de bara e animación musical.
DURACIÓN: 45 minutos
PÚBLICO:  Infantil/familiar. A partir dos 6 anos.

SINOPSE: “As bombas e o xeneral” é un espectáculo onde recreamos con siluetas animadas música e actores  a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O seu xefe verá frustradas as súas intencións.
Un espectáculo de total actualidade para concienciar aos máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias.  Un final amable para unha situación de conflito onde tamén presentamos os efectos debastadores dunha guerra.











Domingo 8 de Outubro 12,30 h.

TITERES CACHIRULO GALICIA :Cu-cú, tas-tás ( bebés)



Cu-cú, tas-tás, co revés imos xogar. Conceptos sinxelos de opostos.
Espectáculo visual e musical que intenta potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa.
Cucú Tastás é un trasniño que quere facer as cousas ben e non confundir cheo-baleiro, arriba-abaixo, preto-lonxe, pequeno-grande...
E a súa familia e amigos van axudalo a aprender


















INFO :616701099
RESERVAS SALAGURUGU@GMAIL.COM

No hay comentarios:

Publicar un comentario