Sala Gurugú
Presenta
a
Trinke Trinke
"OS Ratos de Lonxedetodo"
Contos de Perrault
Contos: O Gato con Botas, en Contos completos de
Charles Perrault .
Cincento. Versión propia e igualitaria do conto de
Perrault.
Sábado 24 Noviembre ás 12,30h. e ás 18,30 h.
sinopse
Charles Perrault foi un autor e compilador francés de
contos que están no imaxinario de todos nós: A
Carapuchiña Vermella, A Cincenta, A Bela Dormente,
Polgariño… Así e todo, cómpre revisar a obra deste
escritor do século XVII desde a perspectiva do XXI,
en especial aqueles contos que perpetúan unha
visión machista da sociedade.
Contos: O Gato con Botas, en Contos completos de
Charles Perrault . 2002: Vigo : Xerais.
Cincento. Versión propia e igualitaria do conto de
Perrault.
Trinketrinke fai animación á lectura desde o teatro.
Os conductores das actividades para nenos-as de 3 a 8 anos son uns
personaxes fantásticos: os Ratos da Biblioteca, que proceden dun lugar
chamado Lonxedetodo, onde os libros e a lectura ocupan un lugar
sobranceiro na vida da comunidade.
Os nosos obxectivos son promover a lectura, espertar o gusto pola
literatura, estimular a sensibilidade, a imaxinación, a creatividade e o
espírito crítico dos nenos-as a través da narración dos contos e,
singularmente, dos distintos xeitos de contalos.
Ratos de Biblioteca: Especie de ratos que viven na aldea de Lonxedetodo. Cada certo tempo viaxan ata algunha
Biblioteca para se comunicaren cos humanos, tentar contaxiarlles aos nenos e nenas o seu gusto pola lectura e coller
contos prestados.
Sala Gurugu
Presenta
Comienza a programación familiar co espectáculo
Xan Perillán e a biblioteca Maxica
de Os Monicreques de Kukas
Domingo 25 Noviembre 12,30 e 18,30 H.
ž Orixinal recital dramatizado do polifacético artista Marcelino de Santiago (Kukas) que a través de recursos como a pintura en directo, a posta en escena con marionetas e a maxia presenta varios poemas do libro DE TREBELLOS, PERELLOS E FEDELLOS do que é autor e ilustrador
ž Nesta ocasión Xan Perillán vai centrar a súa atención nos máis pequenos, crianzas a partires dos tres anos ata os doce anos animando a uns a coñecer e utilizar a lingua galega e a coñecer verbas en desusos, a outros incentivalos e animalos á lectura e os mais a valorar, coñecer e gozar da poesía.
ž Recomendada a todos os públicos e crianzas a partires dos tres anos.
Domingo 25 Noviembre
Reservas en salagurugu@gmail.com
Información 616701099