lunes, 29 de enero de 2018

SALA GURUGU A illa dos nenos PRESENTA AO MAGO PACO EN "O CINEMATOMAGO " ESPECTACULO DE MAXIA PARA NENOS A PARTIR DE TRES ANOS




SALA GURUGU 


A illa dos nenos
PRESENTA AO 
MAGO PACO 
EN 
"O CINEMATOMAGO "

ESPECTACULO DE MAXIA 
PARA NENOS A PARTIR DE TRES ANOS 

Sábado 3 ás 18,30 y domingo 4 ás  12,30



  Un cinematógrafo é un aparato que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento, e un mago e unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes sobrenaturais. O cinematomago é esa personaxe que converte esas imaxes en movemento en maxia.
     Tod@s escoitamos falar nalgunha ocasión da “maxia do cine”. Pois nesta ocasión a través do seu cinematomago, O mago Paco fará desta frase unha realidade presentándonos distintos clásicos do cine de todos os tempos a través da maxia. Convertindo esas míticas esceas nun espectáculo máxico en directo e coa colaboración imprescindible do seu público.
     Emoción, lembranzas, gargalladas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito.
    ¿Preparad@s para vivir a maxia do cine en directo?

     3,2,1… MAXIA E ACCIÓN.

Maxia / Maxia infantil
Infantil A partir de 3 anos
75 min

INFO :616701099
RESERVAS  SALAGURUGU@GMAIL.COM

No hay comentarios:

Publicar un comentario